O vindeiro sábado, entre as 20:30 e as 21:30 horas, a iluminación da Casa do Concello, do Castelo de Santa Cruz, da avenida Ernesto Che Guevara e dos paseos da Ría, de Santa Cruz e de Mera permanecerá apagada para denunciar o cambio climático e demandar unha actuación conxunta dos estados do mundo contra este grave problema.
O Concello de Oleiros súmase un ano máis á iniciativa de WWF España denominada A Hora do Planeta. Desta maneira, o Goberno municipal pretende promover o aforro enerxético como medida de sustentabilidade económica e ambiental e recoméndalle a todos os veciños e veciñas que adopten medidas de aforro en beneficio de toda a comunidade.