Friday 22 de November de 2024

O Concello abre mañá luns o proceso de inscrición para o Curso de Agricultura Ecolóxica nivel avanzado


• A formación, que dá continuidade á primeira edición do ano pasado, pretende fomentar un sistema de produción agraria e gandeira que proporciona alimentos de máxima calidade e máis sostibles para o medioambiente.

• O prazo para matricularse finaliza o 31 de marzo.

O Concello de Ortigueira pon en marcha a segunda edición do Curso de Agricultura Ecolóxica, de nivel avanzado. Despois de estrear esta formación en 2022, o goberno local pretende darlle continuidade, dado que a agricultura ecolóxica é un sistema de produción agraria e gandeira que proporciona alimentos de máxima calidade a través de técnicas máis respectuosas co medioambiente.

Mañá luns 20 de marzo ábrese o proceso de inscrición, que finaliza o día 31. A formalización desta matrícula pódese certificar na Oficina de Rexistro do Concello. Ademais, a Orientadora Laboral do Concello, Marica Álvarez, está dispoñible para calquera consulta tanto a través do teléfono 981 400 000 como do correo electrónico malvarez@concellodeortigueira.com.

A agricultura ecolóxica é un método de produción que prescinde de sustencias químicas como pesticidas, fertilizantes de sínteses ou adictivos co obxectivo de obter alimentos naturais, saudables e con todas as súas propiedades nutritivas. Á vez, o apostar por este sistema permite minimizar os efectos negativos sobre o ecosistema.

O temario do curso está composto por dez completos bloques que abarcan desde a transcendencia económica, as técnicas, a compostaxe ou a certificación de produtos á gandería e cestería.