Friday 22 de November de 2024

O BNG de Culleredo presenta o equipo co que aspira a formar o vindeiro goberno municipal


– Tono Chouciño, actual voceiro nacionalista, encabeza unha candidatura sen ataduras, co obxectivo de facer de Culleredo o concello que os seus veciños e veciñas merecen.

– Repiten con el os actuais concelleiros, Beatriz Mosquera e Gonzalo Méndez.

– Entre as incorporacións a estes primeiros postos hai tres mulleres independentes, representantes dunha veciñanza chea de ganas e ilusión para transformar o noso concello co seu traballo.

O BNG presenta os primeiros postos da candidatura para as eleccións municipais do vindeiro mes de maio, e coas que aspira a conformar o goberno municipal que saia desas eleccións.

A candidatura está encabezada por Tono Chouciño, actual voceiro nacionalista en Culleredo e informático da Xunta de Galiza.

Repiten con el nos primeiros postos Beatriz Mosquera, traballadora do Consello da Cultura Galega e emprendedora, e Gonzalo Méndez, xestor cultural especializado en proxectos de emprendemento.

A continuación, incorpóranse á candidatura Xabier Villarrenaga, profesor de Educación Secundaria e voceiro da Plataforma Somos Rural, e as independentes Carmen Otero, mestra de Educación Especial no IES Blanco Amor, Ana María Calvo, administrativa da Xunta de Galiza, e Laura Raposo, traballadora do comercio no sector textil.

Elas encabezan unha candidatura sen ataduras que aspira a constituír o vindeiro goberno municipal, que conxuga veteranía e xuventude, e na que se primou o compromiso con Culleredo e a capacidade de traballo para, con esforzo e rigor, facer realidade o concello que os seus veciños e veciñas merecen.