Friday 22 de November de 2024

Trenor anuncia un investimento de máis de 265.000 euros para realizar melloras no CEIP de Santa Irene de Porto do Son


O delegado da Xunta asegurou que todas estas as actuacións teñen como obxectivo ofrecer un mellor servizo á comunidade educativa e contar con centros adaptados ás novas necesidades educativas

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, visitou esta mañá o CEIP Santa Irene para anunciar a licitación da obra de renovación da cuberta deste centro. Esta actuación suporá un investimento de máis de 265.000 euros.

O representante do Goberno autonómico puntualizou que estas actuacións, orientadas a mellorar a funcionalidade nos centros educativos, teñen como obxectivo “ofrecer un mellor servizo á comunidade educativa”. Neste senso, engadiu que, “dende o Goberno autonómico seguimos reforzando a nosa aposta pola educación pública de calidade impulsando distintas melloras nos centros educativos dos concellos con obras de maior ou menor envergadura, de mantemento e conservación ou dirixidas a garantir unhas instalacións axeitadas e dotadas con todos os medios necesarios”.

A actuación consiste na retirada do material de cobertura da cuberta actual (placas nervadas de chapa simple, sen ningún tipo de illamento) por paneis sándwich de chapa de aceiro galvanizado resistente aos ambientes mariños

Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

Tal e como sinalou o titular do departamento educativo da Xunta, estas actuacións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está a modernizar os centros de ensino e converténdoos en instalacións máis eficientes e sustentables, así como axustadas ás necesidades da educación do século XXI, máis dixitalizadas, con espazos funcionais, amplos e flexibles, mobiliario con rodas, etc. Dotado cun orzamento de 191M€, a través deste plan prevese renovar catro de cada 10 centros educativos.

Esta actuación conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no programa operativo FEDER Galicia 2014-2020