Friday 22 de November de 2024

Unha unidade móbil para a doazón de sangue desprazarase o vindeiro luns e martes á cidade


Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o vindeiro luns día 20 e o martes 21 na cidade. O vehículo permanecerá operativo o primeiro día de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas nas inmediacións do novo centro de saúde e na xornada do martes entre as 15.30 e as 21.00 horas na praza da Constitución, na Solaina.
As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.