Friday 22 de November de 2024

A Biblioteca Rialeda acolle charlas sobre ciencia


A Biblioteca Central Rialeda, dentro do programa Ler para saber, albergará charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e nenos maiores de 10 anos, adolescentes e público en xeral. A primeira será mañá venres día 17 de marzo, ás 18:30 horas, sobre robótica.

17 de marzo
PODEN OS NENOS E AS NENAS PROGRAMAR
ROBOTS?
Carlos Méndez Rodríguez. Licenciado en Informática

14 de abril
A CÉLULA: UNIDADE FUNDAMENTAL DA VIDA
Raquel Iglesias Reinoso. Doutora en Bioloxía

12 de maio
CAMBIO CLIMÁTICO
Xacobo de Toro Cacharrón. Profesor de Bioloxía e Xeoloxía

26 de maio
AS MASCOTAS NON SON XOGUETES
Jacqueline Vázquez González. Veterinaria

6 de outubro
OS MICROORGANISMOS E AS MICROALGAS
Carmen Rioboo Blanco. Profesora de Microbioloxía na Universidade da Coruña

27 de outubro
ALIMENTACIÓN SAUDABLE NA IDADE ESCOLAR
Uxía Rodríguez Lavandeira. Dietista e nutricionista no Hospital da Coruña (CHUAC)

10 de novembro
Árbores e arbustos do xardín da Biblioteca Rialeda
Miguel Sánchez. Fotógrafo
Fina Mosquera. Profesora de Educación Primaria

Con estas actividades preténdese achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos sobre temas científicos de importancia na vida diaria, fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada, dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas, atraer á biblioteca a un público interesado pola ciencia e, en definitiva, fomentar a lectura e a consulta de libros que traten estas temáticas. Programáronse charlas e obradoiros sobre aspectos diferentes para atraer a un público de gustos diversos e variados.