Friday 22 de November de 2024

Concerto infantil o sábado na Fábrica


O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organizou, dentro da programación do Apego, a obra musical Coliño, da compañía A Xanela do Maxín para o vindeiro sábado 18 de marzo na Fábrica. Programáronse dúas sesións, unha ás 17.00 h e outra ás 18.00 h, deste espectáculo que está destinado para familias con nenas e nenos de 0 a 3 anos.

Coliño é unha obra musical e sensorial dirixida á primeira infancia e ás súas familias, na que as crianzas poden estimular os sentidos e as emocións. A través de sons, luces, cores e unha coidada posta en escena foméntase o apego coas familias nun espazo de protección e calma xunto con estímulos que fan que descubran o mundo que as rodea.

As familias interesadas en asistir poden inscribirse a través dos seguintes enlaces.

Sesión ás 17.00 h: https://forms.gle/faYFPbAe48RfvjmN8