O Concello de Oleiros editou unha publicación para informar e dar a coñecer o importante patrimonio público do que dispoñen todos os veciños e veciñas. O libro Oleiros guapo consta de 164 páxinas a toda cor que inclúen fotografías espectaculares de numerosos espazos públicos do municipio.
Hoxe mesmo comezou o reparto do libro. Entregarase en man en todos os domicilios durante as vindeiras 2 semanas. Naquelas vivendas onde os repartidores non atopen a ninguén deixarase unha notificación coa que se poderá recoller a publicación na Casa do Concello ou na Fábrica.