Friday 22 de November de 2024

Unha exposición en Durán Loriga repasa a traxectoria artística do ilustrador Javier Zabala


‘Espazos en construción. Javier Zabala, 1983-2023’ repasa a traxectoria dun dos ilustradores españois con maior prestixio internacional

A mostra permanecerá aberta ata o próximo 17 de maio na Casa da Cultura Salvador de Madariaga

A sala municipal de mostras Salvador de Madariaga, narúa Durán Loriga, acolle desde hoxe a exposición que compila o traballo do ilustrador Javier Zabala. A mostra permanecerá aberta ata o 17 de maio.

‘Espazos en construción. Javier Zabala, 1983-2023’ repasa a traxectoria dun dosilustradores españois con maior prestixio internacional, tal e como evidencian os seus numerosos recoñecementos e premios obtidos durante a súa traxectoria artística.

Nado en León en 1962, formouse nas Escolas de Arte de Oviedo e Madrid. As súas obras traducíronse a 18 idiomas, con publicacións nas editoriais máis importantes. A súa obra como ilustrador abrangue a literatura infantil, a xuvenil e a adulta.

A mostra ten unha vontade antolóxica, polo que abrangue ata doce capítulos diferentes,desde os seus comezos en León e Oviedo ata o repaso polos seus libros, pasando por temáticas como a natureza, os seus cadernos, siluetas, os espazos urbanos, a pintura, a escultura, os clásicos ou os seus procedementos, entre outras.

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, JesúsCelemín, interveu esta tarde na apertura da exposición de Zabala, e puxo en valor a obra docreativo leonés, así como a iniciativa do Goberno municipal para achegar a cidadanía da Coruña aos profesionais galegos e nacionais de máis prestixio.

O percorrido profesional de Javier Zabala

Entre os premios recibidos por Javier Zabala figuran o Nacional de Ilustración de 2005, White Ravens (Munich) en 2008, a mención de Honra na Feira Internacional do Libro Infantil de Bolonia, en 2005 e en 2008, e o Primeiro Premio en libro infantil Banco do libro de Venezuela en 2009.

Ademais, Javier Zabala foi finalista do Premio Andersen en 2012 e candidato por España ao Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA), en 2015. Tamén en 2015 recibiu unha Mazá de Ouro na Bienal de Bratislava e obtivo a Golden Medal of Times Illustration Book Award 2016, na China.

Acadou ademais, pola obra ‘Peixe’, feita xunto a Emilio Urberuaga, o Premio Purple Island do Nami Concours, en Corea do Sur, e The Braw Amazing Bookshelf da Feira de Bolonia.