Friday 22 de November de 2024

O Concello Lousame inviste case 40.000 € na pavimentación de catro viarios en Gandarela


O Concello de Lousame vén de pavimentar catro viarios na aldea vella de Gandarela, nos que investiu 38.023 euros. Trátase “dunha das pequenas actuacións que estamos acometendo por todo o municipio para ir mellorando pouco a pouco a accesibilidade e o interior das nosas aldeas, como as que se fixeron en Vilar ou como as que se van facer en Burzó ou en Pousada”, sinala a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde.

No caso de Gandarela, a actuación realizada esta semana permitiu mellorar catro viarios de acceso á localidade, que suman un total de 240 metros de lonxitude e cun ancho común de catro metros, con cinco centímetros de zahorra e quince de formigón, intercalando franxas de adoquín. A maiores, mellorouse con aglomerado en quente un treito de 90 metros de longo por 5 de ancho.

As obras foron acometidas pola empresa Excavaciones Yoni Tuñas SL foron adxudicadas por 38.023 euros o pasado 24 de febreiro. Uns traballos incluídos no Plan Complementario do POS+2022, que tamén inclúe a mellora dos accesos a Camboño (67.467,31 euros), Burzó e costa da Escabia (48.399,73 euros) e Baudeles (30.000 euros).