Friday 22 de November de 2024

Finalizada a segunda fase de instalación de zonas de ‘aparcamento exprés’ en diversas rúas de Miño


• A actuación supuxo a creación de 6 prazas de estacionamento repartidas en tres áreas das rúas Barrosa, Carreira e Raxel co propósito de favorecer as compras e xestións no comercio local.

O Concello de Miño finalizou a segunda fase dos traballos de instalación de prazas de aparcamento exprés no centro urbano co obxectivo de facilitar a realización de compras e outros trámites no comercio local.

En total instaláronse tres novas áreas con dúas prazas cada unha sinalizadas de cor laranxa, que permitirán aos condutores aparcar os seus vehículos durante un período máximo de quince minutos de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, mentres que os sábados o horario verase reducido á franxa de 09.00 a 14.00 horas.

As seis novas prazas exprés únense a cinco máis instaladas nunha fase anterior, diante das dúas farmacias do centro urbano e outros puntos, nunha actuación que ser irá ampliando en máis lugares segundo as dispoñibilidades orzamentarias.

O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, valora a intervención “como un modo de potenciar ou comercio do noso municipio, facilitando as condición de tránsito non centro urbano”.