Friday 22 de November de 2024

O programa “Actívate” continúa nos centros sociais da Brea e Cances con actividades para toda a veciñanza

O programa Actívate continúa o seu percorrido polos centros sociais para achegar a toda a veciñanza, especialmente ás persoas maiores, actividades formativas e informativas que lles faciliten o seu desenvolvemento na vida diaria. Hoxe mesmo rematou un curso de manexo do teléfono móbil no barrio da Brea, ata onde se achegou o alcalde, Evencio Ferrero, para compartir un anaco da tarde coas persoas participantes e co voluntariado da Cruz Vermella que se encarga de impartir os talleres.

Grazas á colaboración do movemento asociativo e dos consellos parroquiais, a Concellaría de Terceira Idade está a desenvolver un programa de actividades no que colaboran diferentes departamentos municipais. Este luns remataron as charlas na parroquia de San Miguel de Vilela e mañá xoves celebrarase a primeira na Brea, onde a Policía Local falará sobre seguridade viaria a partir das 17.00 horas. Ao remate da sesión entregaranse chalecos reflectantes ás persoas asistentes para mellorar a súa seguridade cando circulan polas vías públicas coma peóns.

No centro social da Brea celebraranse un total de catro charlas: compostaxe doméstica, coa colaboración do servizo de xestión dos residuos sólidos urbanos, o día 23; como colaborar na loita contra a avespa velutina, co servizo municipal de control de pragas, o día 29, e primeiros auxilios no fogar, a cargo do servizo municipal de protección civil, o día 30. Todas empezarán ás 17.00 horas, e están abertas a todas as persoas interesadas.

A semana que vén tamén arrincará o programa Actívate na parroquia de Cances cunha charla sobre seguridade viaria (día 20, ás 17.30 horas). O 27 de marzo, á mesma hora, falarase sobre compostaxe doméstica, e o 3 de abril, ás 20.00 horas, sobre primeiros auxilios. O programa chegará tamén á parroquia de Bértoa nas vindeiras semanas.

15/3/2023 O programa Actívate continúa o seu percorrido polos centros sociais para achegar a toda a veciñanza, especialmente ás persoas maiores, actividades formativas e informativas que lles faciliten o seu desenvolvemento na vida diaria. Hoxe mesmo rematou un curso de manexo do teléfono móbil no barrio da Brea, ata onde se achegou o alcalde, Evencio Ferrero, para compartir un anaco da tarde coas persoas participantes e co voluntariado da Cruz Vermella que se encarga de impartir os talleres.