Alternativa dos Veciños quere amosar a súa preocupación ante a actitude do Concello na firma do novo convenio co Deportivo. Parece que queren poñerse obstáculos ao funcionamento un club que está inmerso na pelexa por subir de categoría e situarse no lugar que verdadeiramente lle corresponde.
O intento por parte do Goberno de Inés Rey de reducir os anos da concesión do Estadio de Riazor, reservándose o dereito do seu uso para actividades deportivas ou extradeportivas, e de suprimir un contrato de patrocinio do Concello, supoñen unha actitude incomprensible que a cidadanía non entende nin acepta. Para o candidato de Alternativa dos Veciños, Chema Paz Gago, “todos debemos de apoiar a un Club histórico para que máis temperán que tarde regrese á Primeira División, categoría na que volverá darnos grandes satisfaccións como no pasado”.