Thursday 21 de November de 2024

Reunión Intermunicipal


O concello da Laracha organizou este martes a terceira reunión entre os alcaldes e representantes dos municipios lindeiros para continuar avanzando nos temas e desafíos que deberían ser incorporados no debate da súa propia estratexia territorial, e que tipo de proxectos poderíanse acometer de forma conxunta entre todos.

No encontro participaron os rexedores da Laracha, José Manuel Löpez Varela; Arteixo, Carlos Calvelo; Carballo, Evencio Ferrero; e Culleredo, José Ramón Rioboo, ademais do Director de Infraestruturas e Movilidad do Concello da Coruña, Antonio Alfeirán. A mesa de traballo estivo presidida polo alcalde da Laracha, José Manuel López Varela.

A mesa de traballo desenvolveuse ao redor de catro liñas de acción: infraestruturas e mobilidade, industria, turismo e servizos para as persoas dependentes.

A reunión tamén serviu para acordar a creación dunha mesa técnica de traballo, con flexibilidade para permitir abordar cuestións transversais, na que avanzar na cooperación e na resposta común a problemas compartidos.