Saturday 16 de November de 2024

Arrancan as obras para pavimentar as rúas do Campo da Agra en Corrubedo


Esta mesma semana deron comezo as obras de pavimentación das rúas situadas na zona coñecida como Campo da Agra na parroquia riveirense de Corrubedo: unha actuación municipal que está financiada con cargo ao Plan do Plan de Aforro e Investimentos da Deputación (PAI).

Sete son as rúas incluídas no Campo da Agra que se van a asfaltar con aglomerado: Voluntariado, Morosa, Cantón, Rinchador, Agras, Prado e travesía do Cantón

Así mesmo, no mesmo proxecto inclúense outras dúas vías situadas nas inmediacións da entrada ao núcleo de Corrubedo: a rúa Falcato e a transversal rúa Delicias.

A empresa Canarga foi a adxudicataria do conxunto da acción, cuxo orzamento ascende a 36.100 euros, IVE incluído. O prazo de execución é dun mes e medio.