Friday 22 de November de 2024

Aberto ata o 20 de marzo o prazo de matrícula nas tres escolas infantís municipais


O prazo de matrícula nas tres escolas infantís municipais rematará o 20 de marzo. Para o vindeiro curso escolar 2023-2024 os centros da Solaina, A Gándara e Piñeiros ofertan un total de 126 prazas para menores de 0 a 3 anos, tal e como apuntou a edil de Ensino, Mercedes Taibo. As matrículas poden tramitarse a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas- ou na Sede Electrónica de Narón.

Na escola infantil da Solaina hai dispoñibles 16 prazas para menores de 0 a 1 anos; 13 para os de 1 a 2 e 15 para os de 2 a 3. Na da Gándara tamén se ofertan 16 prazas para menores de 0 a 1 anos; 13 para os de 1 a 2, e 14 para os de 2 a 3. Na escola infantil de Piñeiros o número de prazas é de 16 para nenas e nenos de 0 a 1 anos; de 11 para os de 1 a 2 e de 12 para os de 2 a 3.

A través da web municipal buscocole.naron.es as familias dispoñen de completa información e orientación sobre os centros de ensino da cidade.