Thursday 21 de November de 2024

Ragazzo, teatro contemporáneo este sábado no Gabriel García Márquez de Mera


O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Barrosanta presenta a obra de teatro contemporáneo Ragazzo, dirixida por Xavier Castiñeira, protagonizada por Anxo Outumuro. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

 

Esta obra está ambientada en Europa, verán de 2001. A cidade de Ragazzo vive a restrición de dereitos máis grande que recorda o continente desde a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, manifestacións prohibidas, ata tender a roupa nos balcóns… Detencións, identificacións, rexistros, 30.000 axentes recorren as rúas e protexen os líderes do G8 na súa xuntanza. Ragazzo, pese a isto, pasa o verán na cidade, nun garaxe que ocupou e acondicionou como o seu fogar durmindo dentro do coche e cociñando no seu motor. Está de vacacións: ten tempo para ir a concertos, ler e escribir, cociñar, e incluso de namorarse…e por suposto de participar nas asembleas sociais, instaladas no estadio da cidade para facer fronte ao modelo de globalización imposto, soñando un novo mundo posible. Pero o seu destino quedará marcado cando tome a decisión de quedarse na columna dos desobedientes, que se propuxo a acción pacífica de violar o confinamento da zona restrinxida aos amos do planeta. Ragazzo é unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida, á dignificación das historias persoais: unha reivindicación da memoria colectiva e da historia que os donos do mundo nunca escribirán para nós.

 

VENDA DE ENTRADAS: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/auditorio-gabriel-garcia-marquez/15223–ragazzo-de-barrosanta.html