O Concello da Pobra do Caramiñal tivo coñecemento nesta fin de semana dun problema no servizo de abastecemento. A entrada masiva de auga con turbidez alta na captación do río Lérez, o cal subministra o depósito de Cadreche, afectou numerosas vivendas do termo municipal.
A empresa concesionaria continúa coas tarefas de purga da rede para solucionar definitivamente esta circunstancia. A maiores, atópase instalando un dispositivo de control da turbidez para evitar que se produza un novo episodio. Se nalgún fogar prosegue saíndo a auga turbia, resulta preciso pórse en contacto co Departamento de Avarías no 900201250 e encargaranse das xestións pertinentes.
Ademais, persoal do Concello e da propia empresa realizaron as pescudas necesarias para identifica-la orixe do problema e barállase como única opción a relación cos traballos de extracción da madeira queimada do incendio de agosto, que ocasiona movemento no solo e o desprendemento de terra.