Alternativa dos Veciños Sada comina ao Concelleiro de Educación Sergio García e a alcaldesa tránsfuga a que dean explicacións ante as queixas das nais e país polo servizo de comedor do Colexio de Mondego.
A vindeira semana cúmprense 4 meses de goberno tránsfuga en Sada, e, en canto ó tema de licitacións, que son os procesos administrativos para a consecución de obras e Servizos para o noso municipio, o panorama non pode ser máis desolador, xa que só licitouse o contrato da asistencia xurídica e xudicial do Concello, un proceso non exento de polémica polas súas irregularidades ratificadas polo Tribunal de Contratos e que aínda non se resolveu ao estar en período de avaliación. Todo un síntoma do estado catatónico no que se atopa Sada con este goberno tránsfuga que non é capaz de levar a bo porto ningunha obra ou proxecto de interese que beneficie o municipio.
Alternativa dos Veciños Sada, despois de ver esta e outras graves irregularidades, coma as acontecidas no último pleno ordinario onde formouse grupo de non adscritos cas súas voceiras contrariando o propio ROM de Sada, entende a prioridade que este goberno tránsfuga outorga a consecución dun servizo xurídico para o Concello. Será que a xudicialización da vida política en Sada vai ser inminente.