Nesta fin de semana deron comezo na Pobra do Caramiñal os cursos de poda de árbores froiteiras e enxerto que contan coa totalidade das prazas cubertas. Este programa formativo medioambiental posto en marcha pola Concellaría do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), desenvolverase nos vindeiros meses.
A labrega e formadora Carme Freire Cruces imparte estas dúas accións. O curso de poda comezou no día 11 cunha sesión teórica e outra práctica coa poda en seco de froiteiras de óso e de pebida. A práctica proseguirá no 5 de maio coa poda en verde para concluír no 31 de agosto coa poda de cerdeiras.
En canto ao curso de enxerto, a impartición iniciouse no 10 de marzo e a segunda e última clase será no 1 de setembro.