Friday 22 de November de 2024

O PP de Oleiros pon de manifesto a necesidade de incrementar os medios dos servizos de emerxencias no concello


ALERTA SOBRE A NECESIDADE DE MELLORAR A COORDINACIÓN NA RESPOSTA DOS SERVIZOS DE EMERXENCIA MUNICIPAIS #ANTE O INCENDIO DE DOUS VEHÍCULOS A PASADA MADRUGADA

O PP oleirense mostra a súa preocupación #ante os tempos de resposta dos medios municipais no incendio de dous vehículos a pasada madrugada na Rúa Ribeira, próxima á avenida de Santa Cristina.

Ao fío da 1 da madrugada, escoitouse un forte ruído, seguido de dúas explosións co resultado do incendio de dous vehículos. O suceso causou unha gran preocupación entre os veciños das inmediacións.

Testemuñas presenciais puxéronse en contacto co PP de Oleiros para informar que, ao escoitar as explosións, avisaron ao 112 e á Policía Local. Presentouse, en primeiro lugar, unha ambulancia. A continuación, unha patrulla da Policía Local, que tivo que esperar máis de 20 minutos a que chegase unha dotación de Emerxencias de Oleiros, quen atopou certas dificultades para extinguir o lume, segundo o declarado polos veciños que se achegaron ao lugar.

O grupo municipal do PP preguntará ao Concello se considera que os medios dos que se dispuxo para a atención deste suceso foron suficientes.