• Esta instalación funciona de xeito similar a un Centro de Día e está dirixido a persoas maiores de 60 anos, en situación de dependencia ou non, co obxectivo de manter e mellorar a súa calidade de vida.
• O edificio estará fronte ao Concello e está financiado a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
A Casa do Maior das Somozas incorporou recentemente persoas usuarias, unha nova instalación que funciona de xeito similar a un Centro de Día, dirixida a persoas maiores de 60 anos, en situación de dependencia ou non.
O obxectivo deste servizo, financiado a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, é funcionar como unha fórmula destinada a contribuír na atención e prevención da dependencia para manter e mellorar a calidade de vida das persoas maiores. Así, organízase un ambiente e trato familiar no cal proporcionase resposta ás necesidades derivadas da idade e da situación de dependencia das persoas usuarias.
A atención prestada comprende a hixiene, o desenvolvemento de actividades de lecer e/ou de adestramento cognitivo.
As persoas usuarias teñen a posibilidade de acudir ao centro un máximo de oito horas diarias nun horario flexible que se pacta cos profesionais. Ademais, hai cinco prazas dispoñibles, dirixidas a persoas empadroadas no Concello das Somozas.