Friday 22 de November de 2024

O libro Fenómeno Fan darase a coñecer ante o público pobrense


O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acollerá no 16 de marzo, a partir das 20.00 horas, a presentación do libro Fenómeno Fan.

Trátase dunha viaxe polo universo literario e pictórico de Clara Pino e Xavier Magalhães, onde fusionan as súas perspectivas artísticas.

No acto intervirán a autora, Clara Pino; o artista, Xavier Magalhães; o editor, Xabier Romero; e a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

A entrada é libre ata completa-la cabida.