Friday 22 de November de 2024

Comezan as xornadas dedicadas a impulsar a transformación dixital en Cerdido enmarcadas no programa Rural Tic do Ineco


• O primeiro deles terá lugar o vindeiro mércores día 15 de marzo ás 18.00 horas na Casa da Cultura e estará destinado aos maiores do municipio para introducirlles no uso das novas tecnoloxías

• A segunda xornada, que terá lugar o xoves día 16 de marzo, as 17.00 horas na Casa da Cultura, comprende un obradoiro dirixido a pais e nais de menores e baseado na ciberseguridade

• O luns 20 de marzo ás 18.00 horas, tamén na Casa da Cultura, terá lugar un obradoiro dirixido ás pemes e autónomos para asesoralos en materia de posicionamento dixital

O Concello de Cerdido pon en marcha a través do programa Rural Tic do Ineco unha serie de talleres que terán por obxectivo a dixitalización social, e o fomento do uso de novas tecnoloxías, especialmente na veciñanza de idade máis avanzada, ensinando a usar, por exemplo, Whatsapp, banca móbil, citacións médicas e outros métodos de comunicación .

O primeiro deles terá lugar o vindeiro mércores día 15 de marzo ás 18.00 horas na Casa da Cultura e estará destinado aos maiores do municipio para introducirlles no uso das novas tecnoloxías: redes sociais, sedes electrónicas e seguridade social a toda a poboación ,en especial a xente maior ,sobre novas tecnoloxías, redes sociais, Facebook, Whasapp, sede electrónicas, citas médicas por Internet, seguridade social, etc.

A segunda xornada, que terá lugar o xoves día 16 de marzo ás 17.00 horas na Casa da Cultura, un obradoiro dirixido a pais e nais de menores e baseado na ciberseguridade. Neste caso abordaranse os ricos en Internet, a definición dun contido inapropiado, as actuacións fronte a un contido perigoso, privacidade, os motivos para publicar nas redes sociais, as primeiras redes sociais, relacións en liña, habilidades de comunicación, ciberacoso, violencia nas rede, ou o tempo que pasan os menores na rede.

O luns 20 de marzo ás 18.00 horas, tamén na Casa da Cultura, terá lugar o Obradoiro dirixido ás Pemes e autónomos para asesoralos en materia de posicionamento dixital, creación e optimización de páxinas web, presenza en redes sociais ou deseño de Apps.

Para calquera información os interesados poderán chamar ao concello, (981 41 10 00) ou dirixirse directamente ás oficinas nas que estará persoal do INECO desde o día 13 de marzo ata o 24 de marzo.
Segundo o alcalde, Benigno Galego, “Estas xornadas sobre transformación dixital poden ser de moita utilidade para todos os veciños e veciñas de Cerdido, poñendo á súa disposición as ferramentas necesarias para adaptarse aos tempos actuais”.

A dixitalización económica pretende asesorar ao tecido empresarial a través da potenciación do seu posicionamento dixital, creando ou mellorando os servizos web que posúen, implementando a súa presencia en redes sociais, deseñando App específicas que optimicen a actividade.