A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou esta mañá no obradoiro do programa EduReferentes desenvolvido no instituto IES de Viós. A actividade incluíu unha charla da directora de Nordés Club empresarial, Ahinoa Mallo, e un taller sobre softskills (cualidades relacionadas coa escoita activa, o traballo en equipo, a creatividade…),
Son 20 os centros educativos de toda a Comunidade que participan este curso no programa EduReferentes, unha iniciativa que achega ás aulas testemuños de mulleres galegas que destacan pola súa traxectoria profesional de éxito. A iniciativa é desenvolvida pola Xunta de Galicia, en colaboración coa asociación Executivas de Galicia, co obxectivo de promover a igualdade de oportunidades e favorecer que as nenas elixan o seu itinerario académico baseándose na súa vocación e non nos estereotipos de xénero.
Saúdos do Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades