Friday 22 de November de 2024

O Concello de Touro presentou hoxe o vídeo ‘Touro, terra de mulleres bravas’, para poñer en valor o papel da muller na semana do 8M


A Casa da Cultura de Fonte Díaz, no Concello de Touro, acolleu hoxe a presentación e proxección do vídeo Touro, terra de mulleres bravas, producido, grabado e editado por Xurdir Produccións Audiovisuais. O vídeo, feito con motivo do 8M Día da Muller, trata de poñer en valor o protagonismo da muller nun concello rural coma o de Touro. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, ante un auditorio repleto de mulleres, apuntou que esta reportaxe audiovisual é unha mostra da importancia que exercen as mulleres en todos os eidos da sociedade galega e tamén de Touro. Acudiron tamén os concelleiros Alfredo Souto e Adela Iglesias, ademáis da educadora social Nieves González. A grabación reflexa a vida e traballo de mulleres que desenvolven o seu día a día e a súa vida en Touro. Nel aparecen Silvia, unha xove gandeira ao fronte dunha explotación leiteira; Carme Pampín, unha empresaria referente no mundo da biotecnoloxía e que lidera a empresa GalChimia instalada no polígono industrial de Touro; Hermitas, unha panadeira; Mónica, unha empresaria que está ao fronte dunha floristería; Eva Gómez, a máxima responsable da empresa Francisco Gómez, vinculada é obra civil; e Mari Luz e Salome, que traballan na cooperativa Confeccións Touro. “Toda elas e todas as mulleres que viven e traballan en Touro son un exemplo; son un reprente para as xeracións de mulleres e homes do futuro”, destacou o alcalde de Touro.