As prazas son limitadas. A inscrición, que é gratuíta, ábrese mañá venres.
O Castro de Montes Claros é un dos elementos arqueolóxicos de maior importancia da Laracha. O Concello, despois de adquirir os terreos nos que se sitúa o xacemento, vén desenvolvendo nos últimos anos intervencións dirixidas á súa posta en valor, incluído a primeira fase da escavación arqueolóxica deste antigo poboado fortificado da Idade de Ferro situado na parroquia de Vilaño.
Precisamente co propósito de que a veciñanza larachesa poida coñecer o castro de Montes Claros e as intervencións realizadas durante os últimos anos, o Concello organiza unha visita guiada pola arqueóloga Puri Soto que terá lugar o sábado día 18 de marzo a partir das 17:00 horas.
A inscrición para anotarse nesta xornada é gratuíta e abriranse mañá venres. Debe formalizarse no Concello ou chamando ao 981605001. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición.