Saturday 16 de November de 2024

Un total de 33 veciños/as de Frades participaron na primeira xornada do “Mes da Saúde” no Hotel Balneario Compostela


Un total de 33 veciños e veciñas de Frades participaron onte mércores na primeira das catro xornadas do “Mes da Saúde”, unha iniciativa que organiza o Concello de Frades e que se desenvolve no Hotel Balneario Compostela. A veciñanza fradense desfrutou dun circuíto termal que incluíu piscinas de chorros, contracorrentes, jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes. O Concello de Frades subvenciona o 70% do custo da iniciativa e pon o autobús a disposición das persoas participantes, que os recolle e deixa polas parroquias.