Saturday 16 de November de 2024

Aberto o prazo de inscrición para o campamento urbano de conciliación en Semana Santa


· Terán lugar os días 3, 4, 5 e 10 de abril de 9:30 a 14:30 horas no CEIP de Cariño.

O Concello de Cariño abriu o prazo para anotarse no campamento urbano que organiza en Semana Santa co obxectivo de permitir ás familias lograr unha mellor conciliación nunha época de vacacións escolares. Esta acción desenvolverase os días 3, 4, 5 e 10 de abril de 9:30 a 14:30 horas no CEIP Manuel Fraga Iribarne.

O campamento urbano está dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos e as prazas están limitadas a 36 participantes, que serán divididos en grupos segundo as súas idades. Os interesados poden anotarse na Casa do Concello ata o venres 17 de marzo entre as 9 e as 14 horas, solicitando cita previa no teléfono 981 405 064.

O custo por asistente é de 16 euros, cun desconto de 4 euros para o segundo irmán (12 euros) e de 7 euros para o terceiro e seguintes irmáns anotados (9 euros).