Friday 22 de November de 2024

Alternativa denuncia que o Goberno eliminou as máquinas biosaudables do parque de Larín


Alternativa dos Veciños denuncia que cando se “arranxou” o parque infantil de Larín o Goberno Municipal eliminou as máquinas biosaudables, provocando graves prexuízos á veciñanza que as utilizaba para manter e mellorar a forma física, previr ou tratar diferentes doenzas, e desta forma mellorar a calidade de vida.

“O Goberno Municipal volveu demostrar un total desinterese polos veciños e veciñas que viven no rural do municipio. O intento de reforma e mellora do parque infantil de San Roque de Larín é un desastre e unha falta de respecto aos nenos e nenas da parroquia de Larín. O equipo de goberno tamén tomou a decisión de retirar as máquinas biosaudabes, que eran utilizadas polos veciños para manter e mellorar a forma física, previr ou tratar diferentes doenzas, e desta forma mellorar a calidade de vida“ apunta Noelia Martínez.
“Non se lle pode chamar parque infantil a dúas randeeiras e un tobogán. O rural de Arteixo está totalmente abandonado lexislatura tras lexislatura. Cando se aproximan as eleccións parchean unha vía ou instalan unhas randeeiras para tentar enganar aos veciños” expón Noelia.

“Demandaremos ao Goberno Municipal que volva instalar as máquinas biosaudables e que realice os correspondentes mantementos das mesmas e dos espazos públicos” matiza a Portavoz de Alternativa, Noelia Martínez.