Friday 22 de November de 2024

A Xunta destaca que Galicia rexistrou no que vai de 2015 o incremento máis elevado de viaxeiros de todo o estado


O vicepresidente da Xunta deu conta na Cámara galega da evolución dos datos de turismo en Galicia neste ano

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareceu na Cámara galega onde destacou que a nosa comunidade rexistrou no que vai deste ano 2015 o incremento máis elevado de viaxeiros de todo o Estado.

Alfonso Rueda explicou que a cifra de viaxeiros que se aloxaron nos establecementos hoteleiros de Galicia subiu nestes primeiros nove meses do ano en máis dun 12 dun por cento, superando a cifra dos 3 millóns de viaxeiros. E ademais, as pernoitas que está a rexistrar Galicia tamén se están incrementando, nun 9 por cento.

O titular da Vicepresidencia destacou que o sector turístico é un dos sectores cruciais da economía galega, e que hoxe en día, está a vivir un momento único, coma así reflexan os datos oficiais do INE, onde a nosa comunidade lidera por cuarto mes consecutivo, o incremento a nivel estatal.

Rueda incidiu que estes datos son o fiel reflexo da aposta da Xunta polo turismo en Galicia coa posta en marcha do Plan Integral de Turismo e manifestada nas numerosas accións de promoción que pon en marcha para dar a coñecer e reforzar a marca Galicia tanto nos mercados emisores emerxentes como nos xa consolidados.

Na mesma liña destacou que esta aposta polo Turismo reflíctese polo recentemente aprobado, Plan Director do Camiño de Santiago, un plan pioneiro que marca por primeira vez as directrices para favorecer a conservación e protección do Camiño na nosa Comunidade atendendo a todos os axentes implicados no mesmo. E indicou que no que levamos de ano, xa son máis de 250.000 peregrinos os que chegaron a Compostela, 24 mil peregrinos máis que no mesmo período do pasado ano, un aumento de case o 11 por cento, sendo a mellor cifra dun ano non Xacobeo e situase moi próximo a rexistrada no último Ano Santo 2010, a mellor da historia.

Incremento de gasto
Non soamente estanse incrementando o numero de turistas, senón que tamén o gasto que realizan estes turistas en Galicia, cun incremento con respecto ao ano pasado dun11,9 po cento. Deste modo, tamén se produciu un máximo histórico neste indicador pois nunca antes se conseguira superar o nivel dos 700 millóns de euros no acumulado ata setembro. En definitiva, non só medrou o número de turistas estranxeiros que visitan Galicia senón que o gasto que realizan na nosa comunidade tamén se incrementou.