Friday 22 de November de 2024

O concello convida a cidadanía a participar na concentración na praza do Concello para visibilizar o Día Internacional das Mulleres


Os centros de ensino acollen obradoiros e, o xoves, un encontro con traballadoras da planta siderúrxica de Celsa Atlantic.

O Concello convida a toda a cidadanía a participar no acto central da programación municipal en torno ao Día Internacional das Mulleres que se celebra o 8 de marzo.

Mañá a partir das 19:00 horas haberá unha concentración cidadá na Praza do Concello para visibilizar esta xornada que incluirá a lectura dun manifesto por parte de veciñas e veciños do municipio na que se reivindicará o papel da muller. O acto pecharase cunha actuación a cargo de A Casa da Música.
Cabe lembrar que esta programación municipal tamén inclúe outras iniciativas que se levan a cabo nos centros de ensino en horario lectivo.

Desde a semana pasada están en marcha os obradoiros de formación en igualdade e visibilización do 8 M que se imparten nas aulas de 5º e 6º de primaria dos CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión, así como en todos os cursos de secundaria do IES Agra de Leborís.

Ademais, este xoves celebrarase, coa colaboración de Celsa Atlantic, unha última actividade na Casa da Cultura na que participará o alumnado de 4º de secundaria e de 1º e 2º de bacharel do IES Agra de Leborís. Consistirá nun encontro con dúas mulleres que traballan na planta siderúrxica da Laracha enmarcado na campaña #MujeresDeAcero que impulsa a citada multinacional española .

Este programa municipal en torno ao 8 de marzo é coordinada polo Centro de Información ás Mulleres da Laracha e conta co financiamento do Ministerio de Igualdad a través do Pacto de Estado contra la violencia de género.