A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Federación da Peñas, Luis Alberto Martínez, asinaron hoxe un convenio de colaboración orientado a dar a coñecer a cidade entre as persoas seguidoras do fútbol
Ademais da cesión do local, situado no Palacio dos Deportes de Riazor, Concello e Federación executarán accións conxuntas para promover boas prácticas deportivas e actividades en materia de igualdade
O Concello da Coruña e a Federación de PeñasDeportivistas subscribiron hoxe un convenio de colaboración orientado á xestión conxunta de iniciativas que dean a coñecer á cidade entre as persoas seguidoras do fútbol, así como á execución de accións enfocadas a promover as boas prácticas deportivas, a igualdade e a loita contra a discriminación, tamén neste eido.
A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Federación de Peñas Deportivistas, Luis Alberto Martínez, asinaron este martes o acordo, que implica, a grandes rasgos, a posta en marchade diversas liñas de traballo que abranguen, por exemplo, a colaboración das dúas partesasinantes no referente ao asesoramento turístico das persoas que visitan a cidade con motivo dos partidos de fútbol en Riazor, coa organización conxunta de actividades culturais e deportivas.
Ademais, tamén se porán a disposición da Federación entradas para eventos e competicións deportivas de interese municipal, unha iniciativa ideada para reforzar a participación e asistencia aos mesmos.
Ademais, e en virtude do acordo, a Federación de Peñas Deportivistas pasará a dispoñer dun local, cedido polo Concello de forma gratuíta durante catro anos, con vistas ao desenvolvemento das súas actividades —organización dos desprazamentos; organizaciónde reunións e convencións coas persoas integrantes das peñas asociadas…—. Dito local, sito no primeiro andar do Palacio dos Deportes de Riazor, púxose a disposición exclusiva da entidade co obxectivo de solventar unha demanda da Federación de Peñas desde hai máis de unha década, ao carecer dun espazo específico para recibir ás peñas visitantes.
“A Federación de Peñas Deportivistas, composta por 130 peñas e 8.500 peñistas, é unha entidade que, co seu traballo, ten un impacto moi positivo en termos de visibilización para o Deportivo, como club, e tamén exerce como embaixadora á hora de dar a coñecer á cidade, a súa identidade e o seu deporte, nas viaxes dos peñistas que seguen ao Deportivo. E esta realidade vai en sintonía co obxectivo do Concello de darlle máis visibilidade á Coruña a nivel nacional e internacional”, apuntou Inés Rey, que subliñou a repercusión social, turística e económica que implican para a cidade as visitas de socios e socias de outros equipos de fútbol á Coruña.