· Solicítasec a colaboración da cidadanía para evitar agora que as vespas raíñas formen os niños.
· O líquido atraínte proposto faise con produtos e materiais fáciles de adquirir: 2,5 litros de auga, 25 gramos de levadura fresca, 1 quilo de azucre e 2 culleradas de vinagre de mazá.
· Tamén se recorda que, se se ve un niño de velutinas, hai que chamar ao 012 para que o retiren.
O Concello de Camariñas chama á participación cidadá para levar a cabo unha campaña de trampeo contra as vespas velutinas que evite a formación de niños de cara ó verán.
Para evitar a propagación desta especie invasora, cada persoa pode facer a súa propia trampa dun xeito moi sinxelo, utilizando botellas de plástico e elaborando un líquido atraínte de xeito caseiro, feito con produtos e materiais fáciles de adquirir.
O líquido atraínte que está funcionando mellor faise con 2,5 litros de auga, 25 gramos de levadura fresca, 1 quilo de azucre e 2 culleradas pequenas de vinagre de mazá. Con estas medidas a mestura dá para a temporada enteira de trampeo e non se perde. Recoméndase non pechar o recipiente do atraínte porque fermenta e, ademais, hai que mudar o líquido cada 15 ou 20 días, non antes.
Ao mesmo tempo desde o Concello lémbrase, que, se algunha persoa ve un niño de velutina, ten que chamar ao teléfono 012. O Concello de Camariñas adheriuse a un convenio coa Xunta de Galicia polo que é a administración autonómica a encargada de retiralos. Se algún veciño ten problemas para dar parte dos niños no teléfono 012 pode acercarse á Casa de Pedra ou chamar ao 981737004 e un axente de desenvolvemento local lle axudará.