O salón de plenos do Concello de Carral acolleu, esta mañá, a toma de posesión de Francisco Lozano Zapata como xuíz de paz titular de Carral.
No acto estivo acompañado polo alcalde, Javier Gestal, polos concelleiros e concelleiras do goberno local e da corporación municipal.
A elección de Lozano Zapata como xuíz de paz elevouse ao pleno do mes de novembro e a proposta foi aprobada por unanimidade da corporación municipal.