Friday 22 de November de 2024

Trenor reivindica na presentación do libro “As dex mil fillas de Irene”, de Alex Centeno, a igualdade entre mulleres e homes no fútbol


― O delegado da Xunta participou, esta tarde, na presentación deste libro na Casa da Cultura de Vimianzo

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na presentación do libro As dez mil fillas de Irene. O representante do Goberno autónomico destacou que “máis que un libro estamos ante un gran traballo de investigación de Álex Centeno sobre o fútbol feminino de Galicia desde as súas orixes para entender o fenómeno que estamos a vivir na actualidade”.

Trenor apuntou que “nas súas páxinas ponse en valor a figura de Irene González Basanta e o supuxo na historia do fútbol galego porque foi a primeira futbolista galega e española que nos anos 20 desafiou todos os canons establecidos”. O delegado da Xunta recalcou que “foi unha pioneira e un gran referente no fútbol feminino porque abriu moitas portas e deu os primeiros pasos para que as mulleres empezasen a cobrar protagonismo neste deporte”.

O delegado da Xunta apuntou que “exemplares como As dez mil fillas de Irene son necesarios para acelerar o proceso que nos leve a alcanzar a igualdade entre mulleres e homes no fútbol e na sociedade en xeral”. Por iso lembrou que a Xunta achega o seu gran de area colaborando con este libro.
Neste senso, sinalou que “o obxectivo da Xunta é avanzar na igualdade no deporte e para conseguilo apostamos por incentivar o número de licenzas femininas e a presenza de mulleres á fronte de clubs, ao mesmo tempo que avogamos pola igualdade salarial”. No ámbito da conciliación laboral e persoal lembrou que o Goberno galego puxo en marcha, o ano pasado, con gran éxito o Plan Corresponsables coa participación de máis de 17.700 nenos e nenas de entre 6-16 anos en 175 concellos.