Friday 22 de November de 2024

O alumnado de 2º de Bacharelato do IES Isaac Díaz Pardo, de Sada, visitou as instalacións da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do municipio


O alumnado de 2º de Bacharelato do IES Isaac Díaz Pardo, de Sada, visitou as instalacións da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do municipio. Alí, da man dos técnicos Álvaro e Ángeles Díaz, de VIAQUA, coñeceron as instalacións e as diferentes etapas e procesos de tratamento que reciben augas residuais procedentes dos fogares antes de ser devoltas ao medio natural.

Durante a visita, o alumnado tamén coñeceu a importancia que ten evitar contaminar a auga con verteduras de produtos contaminantes, como aceites, medicamentos, gasas ou toalliñas sanitarias.

Estas verteduras dificultan a depuración posterior da auga e poden obstruír as tubaxes interiores e a rede de rede de sumidoiros, ademais dalgúns consellos sobre o consumo responsable de auga.

As EDAR son o punto final do ciclo urbano da auga, e o emprazamento onde se devolve a auga á natureza, para que esta comece de novo o seu ciclo.