Sunday 24 de November de 2024

Inauguración Sede Partido Popular de Sada


Este sábado, día 4 de marzo ás 12:30 horas inaugurábase a nova Sede do Partido Popular de Sada, situada na céntrica Praciña do Conde. Ao devandito acto asistiron a Conselleira de Política Social e Mocidade da Xunta de Galicia, Fabiola García Martínez, o Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor López, Tristana Ensinanza, Deputada Nacional do Partido Popular, o Secretario Xeral do Partido Popular da Coruña, Evaristo Ben Otero, entre outras autoridades e altos cargos do Partido Popular da Provincia. Neste local o Partido Popular de Sada pretende poñer en marcha un punto de información á cidadanía onde obter información sobre os distintos asuntos municipais así como que os veciños de Sada poidan facer chegar as súas queixas e suxerencias. Doutra banda, tamén servirá para as reunións periódicas que teñen os distintos órganos do partido e converterase en sede electoral ao comezar a campaña. Un acto no que a afluencia de afiliados e simpatizantes do Partido Popular así como de veciños das parroquias de Sada foi tal, que superou toda previsión posible sobre este tipo de eventos. “A apertura da sede do partido en Sada foi un dos obxectivos prioritarios desde que tomou posesión a nova Xestora, un instrumento imprescindible para o contacto e a participación cidadá, un faro para unha Sada Infinita” manifestou Esperanza Arias candidata á Alcaldía de Sada e presidenta da Xestora Local. “Que sexa ou faro que guíe ós veciños deste concello pedindo que llen dean a súa confianza a esta muller, Esperanza Arias, loitadora e traballadora para que poida representalos, porque Sada merece moitísimo máis” indicaba a Conselleira Fabiola García poñendo o broche final ao acto e dando por inaugurada oficialmente a Sede do Partido Popular de Sada.