A sesión extraordinaria do Pleno municipal do vindeiro 9 de febreiro aprobará “previsiblemente” a declaración de especial interese e utillidade municipal para o anteproxecto do centro de protonterapia no recinto hospitalario do CHUS. Unha vez completado este trámite, a Administración autonómica deberá aprobar do proxecto para a súa posterior licitación e construción, prevista para o ano 2026.
Durante a rolda de prensa desta mañá, o alcalde de Santiago, anunciou a aprobación “esperamos que por unanimidade” da declaración de interese municipal para o anteproxecto de construción do centro de protonterapia, que segundo o rexedor suporá “un salto cualitativo do servizo e convertirá o CHUS nun hospital de referencia”, ademais de supoñer “unha oportunidade para a USC e para a Facultade de Físicas, que conta cun laboratorio de protóns”
O alcalde, sen embargo, recordou que coa construción do novo centro así como a ampliación do CHUS, cuxa declaración de interese municipal foi xa aprobada polo Pleno municipal, “implicaría a redución de 300 prazas de garaxe” e valorou positivamente “a actitude receptiva e constructiva” amosada pola Xunta na reunión que mantivo onte coa conselleira de Infrestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. O rexedor reiterou a vontade do Concello de “apoiar a opción que a nivel autonómico sexa considerada como a máis viable e axeitada para o funcionamento e accesibilidade do Hospital Clínico”.
Servizo porta a porta da recollida do lixo
Ademais, Sánchez Bugallo fixo un breve balance dos primeiros días de funcionamento do servizo de recollida de lixo porta a porta nos locais hostaleiros da cidade histórica que arrancou o pasado 1 de marzo: “está funcionando con normalidade e coa absoluta colaboración do sector” e salientou que se trata dun “período de aprendizaxe” no que se irán “realizando os axustes que sexan necesarios” para poder chegar á Semana Santa cun “servizo totalmente correxido e normalizado”. O alcalde agredeceu tamén a colaboración e boa actitude dos hostaleiros.
Creación de novos xulgados
O rexedor fixo outra mención relativa á aprobación no Pleno municipal do pasado luns dunha declaración institucional na que se demanda a creación de novos órganos xuridiscionais que poidan dar resposta aos retos actuales da xustiza que afronta a cidade. En concreto, no documento aprobado, demándase creación dun xulgado específico de violencia contra a muller, un terceiro xulgado do contencioso-administrativo, un xulgado de familia, e a posta en marcha dunha segunda Sección da Audiencia Provincial.
Sánchez Bugallo recordou que nos últimos tempos está a ter lugar “un alarmante incremento dos caso de violencia de xénero tanto en Santiago como no resto de España”, unha situación que require ser abordada “de xeito especializado” e “evitando a distorsión nos xulgados de instrución”. Ademais “moitas das probas periciais levadas a cabo polo IMELGA están demorando preto de dous anos”, unha circunstancia que é “insostible”. O alcalde fixo un chamamento á Xunta que respalde esta demanda que logo debe pasar polo Tribunal Superior de Xustiza antes de ser aprobada en Madrid.