Friday 22 de November de 2024

Miño celebra o “necesario reforzo” do servizo de bus con Betanzos os xoves pola tarde para o alumnado do IES As Mariñas


• O goberno local mostra a súa satisfacción por esta “necesaria actuación” tras a execución de diversas xestións para dar respostas ás necesidades das familias do alumnado implicado.

• O reforzo da liña ‘Centro saúde Betanzos-Ponte do Porco-Miño 2’ entrará en vigor o próximo 9 de marzo, creándose dous novos servizos de ida e volta con 9 paradas próximas ao comezo e ao fin das clases.

O Concello de Miño mostrou a súa satisfacción polo que consideran un “necesario reforzo” no servizo de bus entre Miño e Betanzos os xoves pola tarde para facilitar os desprazamentos do estudantado miñense no IES As Mariñas.

A Consellería de Mobilidade e Transportes anunciou hoxe esta medida que entrará en vigor o próximo 9 de marzo e que permitirá a creación de dous novos servizos de ida e volta con ata 9 paradas en horario próximo ao comezo e ao fin das clases dos xoves, sendo a primeira delas ás 08:13 e a última ás 18:10 horas.

Deste xeito, materialízase unha ansiada demanda do goberno local de Miño quen con anterioridade xa levara a cabo diversas xestións para poder dar resposta ás familias do alumnado afectado por esta situación.

O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, agradece “a receptividade dá Consellería #ante a nosa petición a favor dunhas mellores condición de mobilidade para ou alumnado de Miño que desenvolve vos seus estudos non IES As Mariñas”.