Thursday 21 de November de 2024

O BNG de Arteixo solicítalle a autoridade portuaria o informe ambiental das aportacións de area que se van facer en nas prais do concello


“Queremos que se nos informe dos cartos que se levan gastado nestes aportes desde o ano 2011” indicou Xurxo Couto

“Desde o BNG tamén lamentan que o representante do Concello no consello de adminstración no informe de nada ao pleno da corporación a respecto do que se acorda nese organismo” indican desde o grupo municipal.

O grupo municipal do BNG de Arteixo rexistrou unha solicitude dirixida a Autoridade Portuaria en que pide unha relación dos recheos e os custes que se fixeron desde o ano 2011 e tamén copia dos informes de necesidades e ambientais que existan.

Onte publicouse que neste ano se vai voltar facer un recheo aproveitando unhas obras de dragado que se van realizar no porto “isto xa é habitual os aportes que se fixeron en anos anteriores tamén era de obras da zona portuaria mais non supuxo ningunha mellora na zona de prais, ao contrario, a situación é cada vez máis preocupante. Parece que só queren resolver un problema de material ocasionado polas obras e non afrontar que hai que realizar un estudio serio da situación e das posíbeis solucións que poidan minizar o impacto dun cambio de correntes moi importante” indicou Couto

Calquera que coñeza as praias de Arteixo sabe que en 2013,2016, 2018, 2022 se fixeron recheos e a situación foi ano a ano empeorando. “Somos conscientes que a situación que ten a costa de Arteixo ten moito que ver coa obra do Porto mais hai outros factores que están afectando e non se está actuando de xeito global senón poñendo parches”

Desde o BNG critican a actuación do goberno local “ ten unha despreocupación absoluta polo medio natural de Arteixo, non hai nin unha soa actuación encamiñada a investir en melloras para facer do concello un espazo en que se minimice a contaminación, que se reparen espazos degradados, en que se actúe sobre a proliferación de especies invasoras etc.”