Saturday 16 de November de 2024

A Escola Galega de Consumo ofrecerá mañá unha charla sobre “Os servizos de atención á clientela”


A Escola Galega de Consumo promove a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa Venres de consumo responde, sobre “Os servizos de atención á clientela”. Nesta convocatoria farase unha exposición sobre os dereitos da cidadanía nesa área e respostarase ás preguntas que se formulen. A charla dará comezo mañá venres ás 12.30 horas.
As persoas que desexen participar deben entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para participar na charla.