O Concello de Ordes quere felicitar publicamente ao atleta local David Santos Domínguez polo resultado rexistrado onte na XXXVIII Carreira Pedestre Camiño de Santiago, disputada en Santiago de Compostela. David Santos, do Club Atletismo Celta, tardou tan só 38’ 45’’ en completar un percorrido de 12 quilómetros que partiu da avenida Xoán XXII e que rematou na praza do Obradoiro. Un tempo que lle supuxo ser o primeiro da súa categoría (nados entre 1992 e 1996), e o noveno na clasificación xeral. En total hai que falar de preto de 4.100 persoas inscritas na proba de adultos e máis de 1.700 na dos escolares. Un resultado que pon de manifesto o enorme potencial e capacidade deste atleta ordense, habitual xa nos podios das probas máis importantes tanto do circuíto galego como de fóra.
Articulos relacionados
Cariño acollerá o espectáculo de maxia ‘Igualdade, onde estás?’ como antesala do 25N
noviembre 19, 2024 Comments are off 0 visitas
• Trátase dunha actuación sobre maxia e igualdade que corre a cargo da Meiga Fani. ...
O Concello de Noia colabora co Club Peña Ciclista O Toxo na organización da VIII Ruta BTT Ría de Noia, que terá lugar o 15 de marzo
marzo 10, 2020 Comments are off 135 visitas
Conta con 215 participantes e pechará inscricións mañá mércores O Concello de Noia colabora ...
Adxudicación provisional da pavimentación e renovación de pluviais en dous vías do polígono industrial de Xarás
septiembre 30, 2015 Comments are off 997 visitas
O Concello de Riveira informa da adxudicación con carácter provisional dunha pavimentación e renovación de ...
