Esta fin de semana o Jogafán Fútbol Sala recibiu un recoñecemento pola súa colaboración e contribución á práctica desta modalidade. Trátase do premio outorgado pola Federación Galega de Fútbol Sala, o cal distingue a Muebles Jogafán como a entidade privada que máis anos leva colaborando cun club de fútbol sala galego. Na foto, José Garrido, xerente da empresa, recibe o premio de mans do concelleiro de Deportes, Luis Caamaño.