• Tamén aprobou a adhesión das acción xurídicas que poida promover a plataforma veciñal “Cerdido di Non” ou outras plataformas e asociación en contra da instalación desta infraestructura eólica
O Concello de Cerdido aprobou no pleno de onte por unanimidade a realización dun estudo xurídico que comprenda as posibles accións a levar a cabo para evitar a construción do parque eólico de Badulaque e a súa liña de evacuación xunto coa do parque eólico Barqueiro. A Corporación Municipal aprobou unha moción conxunta presentada polos grupos do PSdG e do PP de Cerdido.
Tras a publicación do BOE, do día 31 de xaneiro, na que se formula a Declaración de Impacto Ambiental do proxecto “Parque Eólico Badulaque de 90 MW, y su infraestrutura de evacuación” pola Dirección General de Calidad e Evaluación Ambiental, la Corporación considera que estes proxectos prexudicarían gravemente o benestar dos veciños e veciñas de Cerdido. Tamén, entende que causaría un dano irreparable a nivel ambiental polo que coa moción expresan o seu rexeitamento total ao proxecto eólico.
Por outra banda, aprobouse tamén a adhesión das acción xurídicas que poida promover a plataforma veciñal “Cerdido di Non” ou outras plataformas e asociación en contra da instalación desta infraestrutura eólica.
Segundo o alcalde do municipio, Benigno Galego, “a tramitación deste parque eólico e a súa declaración de impacto ambiental non tivo en conta as alegacións que se enviaron desde o pleno municipal, asinadas por todos os partidos e tampouco se respondeu ás 684 alegacións da veciñanza de Cerdido”.
“O parque eólico terá unhas consecuencias irreparables a nivel ambiental e sen dúbida empeorará calidade de vida dos nosos veciños e veciñas” concluíu o rexedor.