Friday 22 de November de 2024

O Concello de Ordes achégalle á veciñanza os cursos de baile cunha xornada de portas abertas que terá lugar este venres


Toda a veciñanza está convidada a participar de balde nas sesións de baile moderno para nenos e nenas, baile en liña e country, e bailes latinos e de salón

O Concello de Ordes celebrará este venres unha xornada de portas abertas para promover os cursos de baile 2015-16. As clases terán lugar no local situado na rúa Reconcilicación, espazo onde habitualmente se veñen desenvolvendo ao longo do ano. De 18 a 19 horas será a quenda para as clases de baile moderno para nenos e nenas de 4 a 7 anos, e de 19 a 20 horas para os de 8 a 12 anos. De 20 a 21 horas tocaralles aos de baile en liña e country, de 21 a 22 horas aos de baile de salón (nivel iniciación) e de 22 a 23 horas aos matriculados no curso de perfeccionamento.

Con esta iniciativa o Concello de Ordes ofrece a posibilidade de aprender e perfeccionar todo tipo de estilos coreográficos. Bailes modernos, rumba, chachachá, samba, jive, salsa, merengue, bachata, cumbia, kizomba, country, valse vienés, valse inglés, tango, slow fox e quickstep. Trátase dun programa completo deseñado para diferentes tipos de públicos e idades impartido por profesionais de recoñecido prestixio como Francisco Muñiz e Ángela Plaza. Todo isto durante 36 sesións que se desenvolverán dende outubro a xuño en horario de tarde, co fin de poder compatibilizalo coas obrigas profesionais.