• Como grupo coordinador destas axudas, conta con esta cantidade para o apoio de iniciativas emprendedoras e de servizos en 15 concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne e Sada.
Ata un total de 36 solicitudes foron presentadas para optar ás axudas da medida LEADER, que coordina a Asociación de Mariñas Betanzos para apoio de iniciativas emprendedoras e de servizos en 15 concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Oleiros, Oza- Cesuras, Paderne e Sada.
Os fondos para a convocatoria 2023-2024 ascenden a 586.263,06 euros, que se repartirán entre os 27 proxectos produtivos, o 7 non produtivos de entidades públicas locais e os 2 proxectos non produtivos de institucións de carácter privado aspirantes á mesma, e que levan aparelladas un investimento no territorio de 2,4 millóns de euros. Distribuiranse @teniendo en cuenta os criterios de selección do GDR-23 aprobados polo AGADER
Cabe destacar que o pasado novembro, o GDR Mariñas-Betanzos puxo en marcha o proceso de elaboración da nova estratexia LEADER 2023-2027, buscando unha adaptación da mesma ao territorio e executando un diagnóstico da situación para manter encontros coas distintas mesas sectoriais, abarcando ámbitos como a mocidade, o medio ambiente, a educación ou a perspectiva de xénero.
O presidente da Reserva de Biosfera, José Antonio Santiso, destaca o “éxito” de convocatoria que tivo esta liña de axudas, facendo fincapé en que “se superan, e moito, os fondos dispoñibles nesta convocatoria, polo que serán asignados @teniendo en cuenta os criterios de selección aprobados polo AGADER”. Santiso quixo agradecer “a todas as iniciativas” non só o presentarse, senón tamén desenvolver “proxectos acordes aos novos tempos e en base a criterios de presente, pero tamén de futuro”.