Ante o espectáculo lamentable que están protagonizando PSOE e PP, desde o Concello e desde a Xunta, enredados nun enfrontamento inacabable, Alternativa dos Veciños Coruña pide que se resolva con urxencia a situación de bloqueo dos accesos e a construción do Novo CHUAC.
Tal como fixo o Colexio de Médicos, Alternativa insiste na necesidade de poñer en marcha unha infraestrutura sanitaria tan importante para a cidade, dado que o actual CHUAC está a punto de colapsar.
“Os políticos deberían estar para solucionar os problemas, non para crealos”, declarou o candidato de Alternativa á alcaldía da Coruña, Chema Paz Gago. “É necesario dialogar e dar solucións axeitadas aos veciños prexudicados polas expropiacións, evitar os obstáculos que está poñendo o Goberno local, nun xogo máis de trileiros que de responsables políticos decididos a dotar á Coruña duns servizos hospitalarios como a nosa cidade merece”, engadiu.