Friday 22 de November de 2024

Óbra ‘Alma de tigre’, de Elefante Elegante, chega a Cariño


● O xoves, 2 de marzo, ás 12:00 horas a sesión terá lugar para o alumnado do IES Cabo Ortegal de Cariño e o venres, 3 de marzo, ás 19:30 horas, a compañía ofrecerá un pase aberto ao público.

O Concello de Cariño, co financiamento do AGADIC a través do programa de distribución interior, trae ao municipio óbraa ‘Alma de tigre’, da compañía Elefante Elegante.

Todas as funcións serán no Auditorio municipal de Cariño. O xoves, 2 de marzo, ás 12:00 horas será a quenda para o alumnado do IES Cabo Ortegal de Cariño e o venres, 3 de marzo, ás 19:30 horas, a compañía ofrecerá un pase gratuíto para o público en xeral.

Alma de Tigre evoca a historia dunha familia encerrada nunha casa destartalada a través de cuxas gretas se filtran os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada. Os personaxes rebélanse contra un mundo do que xa non poden escapar. Unha nai autoritaria e controladora. Un pai débil e evitativo que deixou aos seus fillos nunha situación de desamparo. Á morte da nai, o fillo e as dúas fillas reencóntranse na casa familiar para decidir a súa venda e que facer coa herdanza. Pero a casa resístese a deixalos marchar.