Despois dun parón debido á reestruturación de Radio Oleiros, a emisora municipal do Concello de Oleiros retoma o seu programa musical estrela, Sons de Útopos, un programa de música e entrevistas dedicado a promocionar os músicos oleirenses e da área metropolitana da Coruña.
Presentado polo músico, historiador e poeta, Paris Joel, “Sons de Útopos”, céntrase no panorama da musical local sen esquecerse de dar conta da axenda de concertos, dos proxectos de crowfounding, dos festivais musicais, ou de entrevistar ós grandes músicos que visitan a provincia da Coruña coma foron os casos de Raúl Quijano de Café Quijano, Ismael Serrano, Alberto Córtez, Burning, Los Brincos, Marwan, Conchita, Luis Pastor, Izal, El Kanka, Luar na Lubre, Tanxugueiras, Berrogüetto, Milladoiro, Javier Ruibal, Soleá Morente, Sés, Mercedes Peón, Rebeca Jiménez, Ede, Xoel López, Pedro Pastor, Cristina del Valle, Miguel Costas,…
“Sons de Útopos” leva 16 anos en antena, e é xa todo un referente dentro do mundo profesional da música a nivel nacional. No programa de mañá ás 13:00 h intervirán a cantante Iría Estévez e o cantautor Luga Fernández.